SANTA MARÍA: A VISITACIÓN, OROSO
A igrexa parroquial de Oroso foi construída no ano 1880, e o seu cemiterio en 1950.
A súa fachada, de estilo sobrio, destaca por un sinxelo e pequeno rosetón central e un campanario de dous corpos paralelos coroados cunha pequena cruz de pedra. No adro da igrexa existe un valioso calvario cun cruceiro central adornado con vistosas figuras (no fuste, no capitel e na cruz) perfectamente talladas. Tamén chaman a atención unhas antiquísimas tumbas situadas a carón da igrexa.
PATROA: A VISITACIÓN
Festa: 31 de Maio
PODCAST: PASAXE BÍBLICO
RETABLO INTERACTIVO
Festa: 31 de Maio
Logo que María Santísima oiu
do anxo Gabriel que a súa curmá Isabel tamén esperaba un fillo, sentiuse
iluminada polo Espírito Santo e comprendeu que debía ir visitar a aquela
familia e axudarlles e levarlles as grazas e bendicións do Fillo de Deus que se
encarnou nela. San Ambrosio anota que foi María a que se adiantou a saudar a
Isabel posto que é a Virxe María a que sempre se adianta a dar mostras de
agarimo a quen ama.
Por medio da visita María
levou Xesús a aquel fogar moitos favores e grazas: o Espírito Santo a Isabel, a
alegría a Xoán, o don de Profecía, etc, os cales constitúen os primeiros
favores que nós coñecemos que fixese na terra o Fillo de Deus encarnado. San
Bernardo sinala aquí que dende entón María quedou constituída como unha
"Canle inmensa" por medio do cal a bondade de Deus envía cara a nós
as cantidades máis admirables de grazas, favores e bendicións.
Ademais, a nosa Nai María
recibiu a mensaxe máis importante que Deus enviou á terra: o da Encarnación do
Redentor no mundo, e deseguido se foi a prestar servizos humildes á súa curmá
Isabel. Non foi como reina e señora senón como serva humilde e fraterna, sempre
disposta a atender a todos que a necesitan.
Esta foi o primeira das
numerosas viaxes de María a axudar aos demais. Até o final da vida no mundo,
Ela estará sempre viaxando para prestar auxilios a quen o estean necesitando.
Tamén foi a primeira marcha misioneira de María, xa que ela foi a levar a Xesús
a que bendicise a outros, obra de amor que segue realizando a cada día e cada
hora. Finalmente, Xesús empregou á súa Nai para santificar a Juan Bautista e
agora ela segue sendo o medio polo cal Xesús nos santifica a cada un de nós que
somos tamén fillos da súa Santa Nai.
PODCAST: PASAXE BÍBLICO
RETABLO INTERACTIVO
Ver Igrexa santa María a Visitación. Oroso en un mapa más grande